En AMPEGA, os eventos son máis que encontros: son espazos onde tecemos redes que nos fortalecen como mulleres máis profesionais, emprendedoras e empresarias. Deseñamos actividades que inspiran, capacitan e axudan a visibilizar as nosas loitas, sempre co obxectivo de avanzar cara á eliminación das desigualdades estructurais que enfrentamos.
Facemos obradoiros prácticos e actividades de networking enriquecedoras: cada evento é unha oportunidade para medrar xuntas, compartir experiencias e construir un futuro máis equitativo. Únete fai parte deste cambio transformador!
Tomámonos un descanso… pero volvemos con máis forza en setembro!
Dende novembro, en AMPEGA compartimos espazos de encontró e formación con obradoiros pensados con moito mimo e deseñados con contido que cremos útil para vós.
Agora que chega o verán, facemos unha pequena pausa para recargar enerxías, desfrutar do descanso e volver en setembro con novas ideas, aprendizaxes e propostas que sigan sumando ós vosos proxectos e ó voso benestar.
Grazas por estar aí, por participar, compartir e formar parte desta comunidade que medra con forza e con sentido.