Conoce a Mariola
Mariola Mourelo é facilitadora de grupos, consultora en economía social e feminista, e cofundadora da cooperativa 50pés consultoras. Acompaña procesos colectivos cunha mirada crítica e transformadora, axudando a organizacións, equipos e proxectos sociais a medrar de maneira máis horizontal, sostible e coherente cos seus valores. Desde Galicia, impulsa unha forma distinta de traballar e colaborar, baseada no coidado, a escoita e a acción colectiva.

«Acompaño, desde a economía social e feminista, a transformación dos modelos de empresa e organización cara a prácticas máis xustas, sostibles e colaborativas»
Mariola cuéntanos cómo te definirías en pocas palabras, tanto a nivel profesional como personal.
Son unha persoa curiosa, implicada e entusiasta. Nos procesos da miña clientela métome de cheo, como se foran propios, e gústame ver como as súas ideas se materializan en negocios. Como facilitadora disfruto acompañando persoas e organizacións.
Na vida persoal tamén sou curiosa, apaixóname viaxar, descubrir novos lugares e persoas e aprender doutros xeitos de facer e crear.
¿Qué caminos te llevaron a formarte como facilitadora de grupos?
O activismo social foi a miña escola inicial: aprendín a reflexionar de forma crítica e crear alternativas colectivas, pero tamén vin as dificultades para unha organización eficaz, tomar decisións ou coidarnos como grupo.
A través do IIFACE (Instituto de Facilitación e Cambio) coñecín a facilitación que me deu unha visión máis ampla e profunda de como funcionamos en grupo, e ferramentas para mellorar o traballo en equipo, como a cohesión, a gobernanza, creatividade ou a xestión de conflitos. Fascíname porque combina aprendizaxe persoal, mirada crítica e confianza no poder transformador dos grupos.
Actualmente formas parte de 50pés consultoras. ¿Cómo nació esta cooperativa y cuál fue tu motivación para impulsarla?
A idea foi de Helena, a miña socia, que entendeu rápidamente como a facilitación podía aportar claridade e seguranza ás persoas emprendedoras. Coincidimos en crear un servizo que unise o económico e o humano, acompañando tanto os números como as emocións. Motívanos apoiar proxectos con valores sociais, sostibles e atentos coas persoas e a contorna, e que estes podan materializarse e facelo dunha forma coidadosa á vez que práctica.
¿Qué desafíos te encontraste al aplicar la perspectiva feminista y horizontal en contextos empresariales o institucionales? ¿Y qué logros destacarías en ese recorrido?
Cada vez hai máis conciencia empresarial sobre igualdade, diversidade e inclusión, pero tamén xorden tensións cando se visibilizan temas agochados durante séculos.
O desafío é aplicar a miña experiencia feminista sen impoñer, ofrecendo a riqueza que aporta, unha mirada máis ampla para mellorar a organización e previr conflitos. E seguir aprendendo e incluir outras perspectivas, como a LGBTIQ+, a anti-racista ou anti-capacitista.
O maior logro é comprobar como esta perspectiva axuda tanto a persoas como a empresas, facendo máis visibles as dinámicas de poder cotiás e aportando solucións máis realistas e xustas.
¿En qué momento supiste que querías trabajar por la transformación social desde la economía social y solidaria?
No activismo de base descubrín con forza a economía social e solidaria. Xa coñecía o comercio xusto e o feminismo, pero foi na Galiza, a través de formacións, encontros e da participación como socia na cooperativa de consumo consciente e responsable Zocamiñoca, onde se fixeron máis presentes.
Hoxe, desde 50pés, formamos parte de REAS (Rede de Economia Alternativa e Solidaria), que ofrece recursos e aprendizaxes moi valiosos, e unha comunidade activa desde a que tamén se aborda o emprendemento social com perspectiva de xénero, e só hai que ver o número de mulleres que formamos parte destes espazos.
Creo que transformar a sociedade desde a economía social e feminista é poñer as persoas no centro, construír coidando a diversidade, a contorna e procurar o ben común.
¿Qué tipo de servicios ofrece 50pés y a qué tipo de proyectos o personas se dirige principalmente?
En 50pés acompañamos a persoas, equipos e empresas en diferentes fases: desde a posta en marcha dun proxecto e a súa viabilidade, ata a revisión ou redefinición de organizacións xa consolidadas. Ofrecemos formación empresarial, de igualdade na empresa e deseñamos procesos de transformación organizacional cara modelos máis participativos, sostibles e adaptados ás realidades actuais: co-liderado, diversidade e inclusión, alfabetización económica, e traballo en equipo.
Traballamos de maneira preferente con proxectos de economía social e cooperativas, pero tamén con empresas convencionais que queren mellorar os seus procesos e avanzar cara formas máis xustas, inclusivas e coherentes de organizarse, facendo posible que sexan ao tempo viables e vivibles.
¿Qué dirías que hace especial vuestra forma de acompañar a los grupos o iniciativas?
A combinación das nosas especialidades: Helena achega a tradución económica, explicando a xestión empresarial de forma clara; eu achego a facilitación de grupos, poñendo o foco nas relacións e emocións, no que non é tan visible pero pode bloquear procesos. Xuntamos razón e emoción para dar un servizo integral.
A perspectiva feminista e social permítenos ampliar o ollar e ofrecer opcións máis coherentes cos valores da nosa clientela.
¿Qué impacto buscas generar con tu trabajo, tanto a nivel individual como colectivo?
Procuro que as persoas gañen confianza e ferramentas para impulsar os seus proxectos, e que as organizacións sexan máis xustas, horizontais e sostibles. A nivel colectivo, o impacto é fortalecer o tecido da economía social e feminista, xerando cambios que melloran a vida das persoas e das comunidades.
¿Qué referentes femeninos han marcado tu manera de pensar, trabajar o liderar?
En primeiro lugar, as mulleres da miña familia, con historias de vida diversas, rurais e migrantes, que me transmitiron resiliencia e capacidade de superación sen perder a conexión coa nosa orixe.
Tamén académicas como Simone de Beauvoir, cuxo libro O Segundo Sexo foi a miña primeira lectura feminista e transformou profundamente a miña maneira de pensar.
E, sobre todo, as feministas de base, auténtico alicerce do meu activismo: o feminismo comunitario e popular de América Latina, África e Asia; as compañeiras que coñecín na Marcha Mundial das Mulleres; e os feminismos coruñeses a través de Açom Rabuda, os Cafés Feministas ou a revista Revirada, que me amosaron como traballar polo ben común coas nosas propias mans e posibel, e imprescindibel.
¿Qué valores intentas reflejar cada día en tu práctica profesional y en el trabajo dentro de la cooperativa?
Compromiso, aprendizaxe continua e alegría. Creo que hai que divertirse para que todo isto teña sentido.
¿Qué te atrajo de AMPEGA y por qué decidiste formar parte de la red?
Porque é unha rede necesaria: visibiliza a forza das mulleres profesionais e dálle poder á nosa voz para transformar a sociedade. Soas non podemos, pero xuntas somos imparabeis.
¿Qué tipo de conexiones, colaboraciones o sinergias te gustaría generar dentro de la comunidad?
O que máis valoro é poder crear unha rede de confianza: coñecer mulleres diversas e valiosas coas que colaborar, compartir recursos e darnos apoio mutuo. Prefiro construír esas sinerxías dentro da comunidade, en lugar de buscar profesionais descoñecidas fóra, porque aquí atopamos proximidade, coidado e oportunidades reais para facer medrar os nosos proxectos.
¿Qué consejo darías a una mujer que quiere emprender o generar proyectos con impacto social y desde una mirada feminista?
Darse a oportunidade. Sempre haberá voces en contra, pero os soños son necesarios para transformar a realidade. Non todos sairán adiante, pero cada paso conta e axuda a crear algo novo. O importante é non facelo soa: compartir medos e alegrías con iguais fai o camiño máis posible e máis fermoso.
¿Dónde pueden encontrarte quienes quieran conocer más sobre ti o sobre 50pés?
En LinkedIn como Mariola Mourelo Pérez. Na web www.50pesconsultoras.com e nas súas redes (LinkedIn, Instagram, Facebook, YouTube). Tamén en info@50pesconsultoras.com.
¿Hay alguna publicación, proyecto o actividad que te gustaría destacar y compartir con la comunidad de AMPEGA?
Si, a nosa colaboración coa Escuela Juana Millán, de emprendemento feminista en liña, e con Agrelar Consultora, coa que asesoramos proxectos de vivenda colaborativa inclusiva en Galicia. Este un gran tema para estos tempos.